Esther está merendando noces no sofá cando aparece Digochiño. O raposo non sabe que é o que está comendo e pensa que son cerebros podres. Esther tenlle que explicar que son noces e fálalle de máis froitos secos, coma as abelás ou as améndoas.