Esther dorme no sofá e Digochiño espértaa porque lle esquecera algo do colexio: unha excursión á catedral de Santiago! Entre os dous poñen na mochila todo o que di na nota que Digochiño trouxo da escola. Pero cando rematan, Esther decátase de que falta algo: a autorización para ir á excursión.