Bénédicte leva ao seu fillo Lucas á casa dos Goossens para que coñeza a Jeff e a súa familia.
Lucas vai vivir coa súa nai, Bénédicte, á casa da nova parella dela, Jeff Goossens. Alí tamén viven os tres fillos de Jeff e o seu pai, Alphonse.
Cando Bénédicte e Lucas se instalan na casa dos Goossens, toca adxudicarlle un cuarto a Lucas porque Nathan se nega a compartilo con el.
Toda a familia vai de excursión polo bosque para coller cogomelos, pero Jeff acaba intoxicado.
Lucas cambia de escola e iso obrigaráo a facer novos amigos.
Lucas vai pasar o día con seu pai, pero o roubo do vehículo deste converterá a xornada nunha situación chea de intriga e misterio.
Na clase de Lucas vaise elixir delegado.
Lucas non sabe como contarlle a Manon que matou o seu hámster por accidente.
Malik déixalle unha pelota a Lucas e Nathan tíraa por accidente á casa do veciño.
Lucas, Nathan e Mélo deciden montar unha festa.
Rompe un floreiro de Jeff e acusan a Lucas inxustamente.
Lucas e Nathan rompen un cano da auga no soto e Bénédicte castiga o seu fillo a quedar no cuarto.
Lucas e Nathan teñen exame de neerlandés, pero a Lucas non se lle dá nada ben e Jeff proponlle que faga unha chuleta.
Lucas e Nathan perden o autobús e collen a bicicleta de Lucas para dar chegado á hora á clase.
Lucas e Swing xogan ao fútbol nun campo dunha banda á que non lle gusta compartir.
É o aniversario de Lucas e, na casa, fanlle unha festa sorpresa.
Chegou o momento das vacacións, o malo é que os únicos que están de pé son Lucas e súa nai.
Continúa a viaxe para chegar á casa onde pasarán as vacacións.
Alphonse cóntalle a Lucas a historia dun antepasado obsesionado cun tesouro.
Lucas e Nathan van á taberna da aldea para intentar dar co mapa do tesouro.
Mélodie, Nathan e Lucas seguen as indicacións do mapa que os leva por zonas de difícil acceso. Ao final, nun lago, atopan un cofre.
A rapazada da casa ofrécese a facer a compra... e fano á súa maneira.
Lucas dille á súa nai que marcha co pai, pero non é certo.
Todos están na casa menos Béné. De súpeto, soa o teléfono e unha muller descoñecida pregunta por Jean-François.
Os Goossens preparan un espectáculo en que eles son os protagonistas.
Lucas dubida pero finalmente participa no espectáculo dos Goossens.
Os novos veciños convidan aos Goossens a unha grellada.
Malik vai marchar e os rapaces queren facer algo especial como despedida.
Jeff e o veciño discuten pola póla dunha maceira. Para solucionalo, deciden botar unha partida de paintball.
Lucas está comprando o material escolar para o inicio do curso. De súpeto, a alguén que bate con el cáenlle unha morea de cousas ao chan
Lucas e Nathan empezan curso nun colexio novo onde non se permite o uso de pantalón curto.
Lucas escoita un ruído na casa que non identifica.
Lucas e Swing descobren que houbo unha festa á que non os convidaron e deciden montar eles unha festa propia.
Lucas e seu pai fan unha proba para protagonizar un anuncio de televisión.
Lucas tenta entrar nunha discoteca.
No colexio, Lucas tropeza cun rapaz que o desafía a unha pelexa.
Jeff perde a memoria e toda a familia axúdao para que a recupere.
Lucas, Edén, Swing e Ulysse van de acampada, pero dá en chover e a tenda rompe
A familia decide celebrar o aniversario de Manon nun restaurante. O malo é que a data coincide cun compromiso previo que Lucas tiña xa con seu pai.
Toda a familia vai á praia e levan un bolso en que teñen cousas importantes.
A clase de Lucas e Nathan vai de excursión a un museo do tren.
Lucas intenta recupera a maxia do Nadal.
O segredo de Alphonse non se pode revelar.
Lucas adéstrase para gañar unha carreira.
Se o pai de Lucas non paga farán del un bufón.
Mélodie marcha á Arxentina.
Lucas recibe unha mensaxe da rapaza máis guapa do instituto, ou iso cre.
Un vídeo de Nathan bailando vólvese viral.
Lucas vístese coa roupa de Mélodie para unha festa de disfraces.
Lucas non conseguiu aprobar nin estudando nin copiando, así que recorre a outro método.
Separan a Lucas de Edén.
Lucas e Nathan intentan sacar a Edén do internado.
Edén enfróntase ao seu pai.
Lucas etc
O cambio de domicilio supón que Lucas cambie de colexio e faga amizades novas. A convivencia entre os habitantes da vivenda dará lugar a situacións conflitivas, cómicas ou disparatadas, que poñerán a proba a capacidade de adaptación de cada un dos personaxes.