Loli xoga a ser profesora por un día e intenta que Tatá e Chispa aprendan a falar.
Vive unha chea de aventuras cos bolechas
Carlos constrúe un autobús para levar a seus irmáns de viaxe.
Braulio demostra que pode facer que a boneca de Sonia fale.
Os irmáns están moi asustados porque senten o zunido dunha avespa.
Tatá non para de chorar e seus irmáns fan todo o posible por descubrir que lle ocorre.
Mentres xogan ao parchís, os irmáns comezan a escoitar sons de animais.
Os irmáns ensaian no balcón a súa panxoliña para o concurso de Nadal da escola.
Os irmáns xogan ás agachadas, pero Braulio non dá atopado a Loli.
O espertador anuncia que é hora de ir á escola, pero os irmáns non queren erguerse.
Braulio aproveita que lle caeu un dente para pedirlle un agasallo ao rato Pérez.
Braulio e Sonia deciden facer un concurso de chistes cos seus irmáns.
Os irmáns gástanlle unha broma telefónica a Carlos asegurando que marchan á Costa Azul.
Todo está preparado para a festa de aniversario de Sonia.
Os irmáns piden os seus pratos favoritos no novo restaurante italiano de Pili.
Loli decide probar sorte na súa faceta como presentadora televisiva.
Sonia xoga ás gardarías coas bonecas.
Os irmáns intentan descubrir de quen está namorada Pili.
Todos xogan ao parchís, pero comezan a ter ganas de ir ao baño.
A que saberá o chupete de Tatá?
Unha treboada cae na casa dos Bolechas e os irmáns agóchanse no berce de Tatá.
Sonia arbitra o partido de futbolín co seu chifre para que cumpran as regras.
Carlos intenta adestrar a Chispa para que aprenda a ir ao supermercado.
Braulio inventa un telescopio que é capaz de divisar calquera astro do ceo nocturno.
Os irmáns compiten nunha carreira arredor da mesa da cociña.
Os bolechas
Seis irmáns e o seu incondicional can enfróntanse a unha longa lista de aventuras relacionadas coa vida cotiá a través da cal toda a cativada pode rir e aprender a partes iguais.